miércoles, 17 de diciembre de 2008

¿65 horas? Nin de coña.


O mercores a eurocamara votou a favor de todalas enmendas presentadas por Alejandro Cercas a Directiva de Tempo de Traballo que pretendia impoñer o Consello da UE, e con este voto forza a conciliacion entre a Eurocamara e o Consello.

O poñente do informe no PE, o eurodiputado socialista Alejandro Cercas, felicitou os medicos, aos sindicalistas, a todos os cidadans e cidadas e aos eurodiputados que co seu voto evitaron que saise adiante a proposta do Consello.

Unha vez mais asistimos a unha labor impecable do socialismo, que evita neste caso que os traballadores e traballadoras vexan recortados os seus dereitos e poidan conciliar en gran medida a vida laboral coa vida familiar.

martes, 16 de diciembre de 2008

É moito o que nos xunta.



Os militantes do PSdeG celebramos este pasado domingo dia 14 o acto de proclamacion de Emilio Perez Touriño como candidato a presidencia da xunta de Galicia. O acto estivo precedido polo comite nacional que proclamou tamen coma candidato a Touriño. Xa no acto cos militantes Touriño comentou que "a continuidade do cambio é o mellor para Galicia". Tamen deu as "grazas a todos os socialistas de Galicia" polo apoio mostrado. O acto foi un autentico espectaculo que demostrou a forza dos socialistas de cara as proximas eleccions autonomicas en marzo de 2009.